Nesta sección poñemos accesible para a súa descarga o léxico utilizado polo Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (XIADA). Este léxico, ordenado alfabeticamente e no que o tabulador actúa como separador entre os diferentes campos, recolle as diversas entradas organizadas primeiro en liñas —unha entrada por cada liña—; logo, xa no interior de cada liña, proporciónase a información relativa, respectivamente, á palabra, á etiqueta e ao lema. As etiquetas que aquí se empregan correspóndense co Etiquetario presentado nesta mesma páxina.
Autores
- Guillermo Rojo (dir.)
- Marisol López Martínez (dir.)
- Eva Domínguez Noya
- Fco. Mario Barcala Rodríguez
Licenza
O léxico aquí descargable distribúese baixo os termos da licenza Lesser General Public License For Linguistic Resources.
Descargas
- 19/02/2024: Léxico xiada versión 2.9 (1.032.538 entradas / 66.243 lemas).
- 19/01/2022: Léxico xiada versión 2.8 (1.003.747 entradas / 65.410 lemas).
- 01/04/2019: Léxico xiada versión 2.7 (1.121.999 entradas / 63.802 lemas).
- 18/06/2015: Léxico xiada versión 2.6 (797.686 entradas / 62.722 lemas).
- 26/02/2013: Léxico xiada versión 2.5 (730.256 entradas / 58.234 lemas).
- 27/10/2010: Léxico xiada versión 2.4 (721.073 entradas / 53.771 lemas).
NOTA: Os arquivos de texto incluídos no paquete descargable empregan para os retornos de carro a codificación correspondente aos contornos Linux/UNIX. Noutros contornos os documentos non se visualizarán correctamente se se emprega o Bloc de notas. Empregue outro editor de textos que interprete esa codificación.
Referencias
As fontes que se empregaron para a confección deste léxico, organizadas cronoloxicamente en orde decrecente, son as que enumeramos deseguido:
- Corpus de Referencia do Galego Actual [4.1] - https://corpus.cirp.gal/corga
- Dicionario da Real Academia Galega - https://academia.gal/dicionario
- Dicionario de galego - DIGALEGO - https://digalego.xunta.gal
- TERGAL: Banco de termos galegos recomendados [1.5.2] - https://www.cirp.gal/tergal
- Carballeira Anllo, X. M. (coord.): Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2009.
- Pena, Xosé Antonio (dir.): Gran dicionario século 21 da lingua galega. Vigo, Galaxia, 2006.
- González González, M. e A. Santamarina Fernández (coords.): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). Santiago de Compostela / A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004.
- García, C. e M. González González (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2004.
- Ledo Cabido, Bieito (dir.): Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo, 2004.
- González González, B.: Ortografía da lingua galega. A Coruña, Galinova Editorial, 2004.
- Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela / A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2003.
- Carballeira Anllo, X. M. (coord.): Gran diccionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2000.
- García, C. e M. González González (dirs.): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, Galaxia, 1997.
- Álvarez R., X. L. Regueira e H. Monteagudo: Gramática galega. Vigo, Galaxia, 1993.