Nesta sección poñemos accesible para a súa descarga o léxico utilizado polo Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (XIADA). Este léxico inclúe entradas palabra\tetiqueta\tlema, onde as etiquetas se corresponden co etiquetario presentado na sección Etiquetario desta mesma páxina. As entradas presentan indicación sobre a súa normatividade, o que fai este léxico indicado tanto para labores de recoñecemento, análise textual e tradución automática como de corrección.

Autores

Guillermo Rojo (dir.)

Marisol López Martínez (dir.)

Eva Domínguez Noya

Fco. Mario Barcala Rodríguez

Licenza

O léxico aquí descargable distribúese baixo os termos da licenza Lesser General Public License For Linguistic Resources.

Descargas

NOTA: Os arquivos de texto incluídos no paquete descargable están codificados segundo o estándar ISO-8859-1, utilizando para os retornos de carro a codificación correspondente aos contornos Linux/UNIX. Noutros contornos os documentos non se visualizarán correctamente se se emprega o Bloc de notas. Empregue outro editor de textos que interprete esa codificación.

Referencias

Para a confección deste léxico utilizáronse as seguintes fontes:

  • Corpus de Referencia do Galego Actual [1.7] - http://corpus.cirp.es/corga
  • Dicionario da Real Academia Galega - http://www.realacademiagalega.org/dicionario
  • Carballeira Anllo, X. M. (coord.): Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2009.
  • González González, M. e A. Santamarina Fernández (coords.): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). Santiago de Compostela / A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004.
  • García, C. e M. González González (drs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2004.
  • Ledo Cabido, Bieito (dr.): Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo, 2004.
  • González González, B.: Ortografía da lingua galega. A Coruña, Galinova Editorial, 2004.
  • Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela / A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2003.
  • Carballeira Anllo, X. M. (coord.): Gran diccionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2000.
  • García, C. e M. González González (drs.): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, Galaxia, 1997.
  • Álvarez R., X. L. Regueira e H. Monteagudo: Gramática galega. Vigo, Galaxia, 1993.

Contacto

Para calquera información adicional sobre o léxico pode poñerse en contacto connosco a través de corga@cirp.es.