CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVIII). María Victoria Moreno. Homenaxe. Palabra fértil no Tempo

Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinadora)

2018

978-84-453-5294-6

Prezo: 21,90 €

Páxinas: 336

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, SL

‘Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVIII). María Victoria Moreno. Homenaxe. Palabra fértil no Tempo’ é un volume colectivo coordinado pola profesora Blanca-Ana Roig Rechou no que se reúnen dúas ducias de artigos arredor da vida e obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no 2018 co Día das Letras Galegas. A profesora, a ensaísta, a novelista, a poeta e, sobre todo, a autora infantoxuvenil son outras tantas facetas analizadas en profundidade por algúns dos mellores especialistas nesta clásica das nosas letras modernas.