CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro XXXIV. Xosé F. Filgueira Valverde. Escolma de textos literarios e xornalísticos

Luís Alonso Girgado e Laura Blanco Casás (editores), Manuel Quintáns Suárez (colaborador)

2015

978-84-453-5206-9

Prezo: 10,50 €

Páxinas: 163

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

A presente Escolma de textos galegos de don Xosé F. Filgueira Valverde non tenta ser representativa de todos os terreos (certamente numerosos) do espectro das Humanidades que frecuentou o polígrafo pontevedrés. A nosa escolla pertence ao terreo da creación literaria (lírica e narrativa) e, sobre todo, dos estudos literarios. Conxuntamente, está representada a súa ampla traxectoria xornalística, que combina erudición, curiosidade e amenidade. Os textos respectan escrupulosamente os orixinais do autor e aínda levan algunhas notas que poden ser de utilidade. Pensamos, en todo caso, na interesante dimensión didáctica e divulgativa deste libro.