CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero - Ramón Piñeiro

Luís Alonso Girgado, Luís Cochón, Nuria Rouco Aneiros e Xurxo Martínez González (editores)

2015

978-84-453-5205-2

Prezo: 12 €

Páxinas: 365

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Sen dúbida son Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro dúas salientables figuras do panorama cultural galego da segunda metade do pasado s.XX. Carballo Calero dende a súa cátedra na Universidade de Santiago de Compostela e Ramón Piñeiro dende Galaxia. Neste Epistolario, nucleado ao redor da xestación da Hª da literatura galega contemporánea, rexistra, en máis de duascentas cartas, unha singular panorámica de feitos que van desde as iniciativas bibliográficas ata circunstancias e anécdotas biográficas. En síntese, o desenvolvemento da nosa intrahistoria cultural por dous protagonistas directos e influentes da mesma.