CRPIH

10/09/2021
Logo Tesouro paleogalaico

O proxecto Tesouro paleogalaico (TPGal) ten como obxectivo a recollida exhaustiva e estudo de todo o material lingüístico prelatino de Galicia, abranguendo tamén toda a información relevante para esta área e material de estudo procedente do resto da península Ibérica e dos demais territorios europeos, con especial atención a aqueles en que se falaron e se seguen falando linguas célticas.

O proxecto estrutúrase en dous grandes bloques, o do material onomástico e mais o do léxico románico de orixe prelatina. As súas distintas características, a diversidade das fontes de documentación, das problemáticas que encerran, das ciencias implicadas e dos coñecementos necesarios impoñen esta segregación do material, aínda que por suposto non son dous compartimentos estancos e impermeables, senón que polo contrario están moi intimamente ligados entre sí.

Dirección/Coordinación

Carlos Búa Carballo e Beatriz García Turnes

Persoal vinculado

Investigadores

Manuel González González

Colaboradores anteriores

Héctor Rodríguez Vidal

Informática

José Carlos Sánchez Rivas

Bases de datos

  • Legado de Jürgen Untermann
  • Onomástica prelatina de Galicia
  • Léxico prelatino do galego