CRPIH

16/05/2018
Logo BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que recompila a bibliografía publicada para os tres grandes campos que constitúen o obxecto de estudo do citado Arquivo (ARGAMED): Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa María e Prosa Literaria Medieval.

BiRMED márcase como obxectivo facilitar o traballo dos estudosos da literatura galega medieval, pero tamén dos interesados nela: para iso, ficha as referencias bibliográficas que sobre os campos de traballo antes referidos se publican e publicaron, facilitando a busca destas referencias mediante unha serie de etiquetas que funcionan como guía para o usuario. Ademais, é obxectivo desta base de datos facilitar o contacto coa produción científica doutras áreas xeográficas, con frecuencia de difícil acceso para os investigadores.

Nacida como complemento dos proxectos Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa María e Prosa Literaria Medieval, BiRMED é agora un proxecto autónomo, que busca reforzar os resultados ata aquí acadados. A este respecto, debemos recordar que, desde a apertura da súa primeira versión en 1998, BiRMED recompilou máis de 5000 fichas bibliográficas, ampliando, nas sucesivas versións, as posibilidades da ferramenta, que agora se mellorará coa actualización do propio etiquetado e dos campos de pescuda.

Dirección/Coordinación

  • Mariña Arbor Aldea (desde 2018)
  • Mercedes Brea, Esther Corral Díaz, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo Gradín (ata 2018)

Persoal vinculado

Bolseiros

  • Ana Mª Louzán Casais, Manuel Negri e Tania Vázquez García.
  • Bolseiros anteriores - Asociados aos proxectos Lírica Profana Galego-Porguesa, Cantigas de Santa María e Prosa Literaria Medieval (véxanse as páxinas propias).

Informática

  • José Carlos Sánchez Rivas
  • Fernando Magán Muñoz †

Publicacións resultantes

Brea, M - A. Fernández Guiadanes (2014), «Recursos en línea del Centro Ramón Piñeiro para la Lírica Gallego-Portuguesa. MedDB, BiRMED y PalMED», en L. Soriano - H. Rovira - G. Sabaté - X. Expulga (eds.), Humanitats a la Xarxa: món medieval, Bern: Peter Lang, pp. 185-203.

Domínguez Carregal, A. A (2009), «BiRMED: Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa», en F. Brugnolo (ed.), La lírica romanza del Medioevo: storia, tradizioni, interpretazioni. Atti del V Convegno triennale della Societá di Filologia Romanza (Padova - Stra, 27 settembre- 1 ottobre 2006), Padova: Unipress, pp. 601-614.