CRPIH

Arquivo Galicia Medieval

  • O proxecto naceu co obxectivo de proporcionar instrumentos de traballo fiables e de fácil acceso para os estudosos da lírica galego-portuguesa.

  • O Proxecto Cantigas de Santa María forma parte do proxecto ArGaMed, incorporando a parte de poesía relixiosa á lírica profana, tanto no que respecta á incorporación dos textos afonsinos á MedDB, como á complementación da base de datos bibliográfica.

  • O Proxecto pretende conservar e difundir a través de edicións impresas e electrónicas os textos en prosa escritos en galego durante a Idade Media.

Lingüística

  • O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae é un corpus textual que se actualiza anualmente con documentación medieval en lingua latina relacionada con Galicia comprendida entre o século VI e o XV, ambos inclusive, a partir das edicións dispoñibles. Nestes momentos (maio de 2017) conta con 13.796 documentos que recollen o contido de preto de 160 edicións de fontes documentais. Cada documento, debidamente escaneado e limpo de toda información editorial non latina, conta cunha cabeceira individual composta por 38 campos de información arquivística, cronolóxica e editorial. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos, Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense e Ordes Militares.

  • O Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) encárgase principalmente da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, da elaboración de recursos terminolóxicos sobre as distintas linguaxes de especialidade e da estandarización dos neoloxismos e o léxico científico-técnico en galego.

  • O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento de ferramentas que permitan o recoñecemento e a análise automática do galego actual. En particular, ten especial interese o desenvolvemento dun etiquetador e lematizador de moi alta precisión que permita etiquetar e lematizar automaticamente os documentos do proxecto CORGA, e poder así desenvolver un sistema de consultas que utilice información lingüística (etiquetas, lemas, categorías gramaticais, etc.).

  • O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades inclúe, entre os seus obxectivos fundacionais, o deseño e o desenvolvemento de recursos informáticos que axuden á incorporación da lingua galega ao mundo das novas tecnoloxías da información. Co proxecto CORGA preténdese contribuír a ese obxectivo, poñendo a disposición da comunidade científica un novo recurso accesible a través de Internet que posibilite a obtención de datos para o estudo de aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da historia recente da nosa lingua.

  • Obra lexicográfica orientada a falantes galegos que desexen producir textos en lingua italiana. O lemario consta dunhas 20.000 voces e completará o volume Italiano-Galego, publicado polo Centro Ramón Piñeiro no ano 2000.

  • A construción dun sintetizador de voz para o galego, que se está a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, é un proxecto interdisciplinar no que traballa un equipo integrado por enxeñeiros superiores de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e lingüistas da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Bibliografía analítica deseñada como base de datos relacional que ofrece información sobre traballos de investigación, divulgación e opinión que teñen por obxecto a lingua galega en calquera das fases do seu desenvolvemento histórico.

Literatura

  • O proxecto está centrado na recuperación de textos literarios e publicacións de prensa anteriores a 1975. O obxectivo fundamental é a edición e actualización de obras e cabeceiras de difícil consulta nos seus orixinais, a compilación de textos dispersos en prensa para a súa edición por xunto e a publicación de obras de época que, por motivos diversos, ficaron inéditas.

  • Este proxecto acolle os traballos de investigación que anualmente realizan sobre Literatura Infantil e Xuvenil galega e doutros ámbitos lingüísticos os membros da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); os da Asociación de Investigadores en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS; os da Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia; e os do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela LITER21 (GI-1819) adscritos ás súas liñas de investigación: “Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas”.

  • Gran dicionario xeral de termos literarios, que inclúe voces referidas a Retórica, Métrica, Semiótica, Poética, Marratoloxía, Ciberliteratura, Hermenéutica, etc.

  • Os “Informes de literatura” son un observatorio de e sobre Literatura galega. Realízase anualmente e neles acóllese a produción anual de e sobre Narrativa, Poesía, Teatro (creación e postas en escena), Día das Letras Galegas, Ensaio. Teoría Xeral. Crítica. Biografías. Crónicas, Clásicos greco-latinos, Literatura infantil e xuvenil, Literatura de transmisión oral, Revistas, Premios, Literatura medieval e, cando é necesario, Apéndices que acollen obras doutros anos que chegaron tardiamente.

  • Reúne toda a infromación relacionada coa literatura galega contemporánea, dende 1800 até a actualidade.

Outras Humanidades

  • Entre os seus obxectivos están a construción dun Tesouro Fraseolóxico galego, o impulso dos estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia e a tradución ó galego de obras de referencia da fraseoloxía eslava.

  • O proxecto botou a andar co obxectivo de deseñar probas que permitan a acreditación do coñecemento de lingua galega de acordo cos parámetros marcados por ALTE (Association of Language Testers in Europe).