O Corpus de Referencia do Galego Actual etiquetado (CORGAetq) é o punto de converxencia natural de dous proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Por unha banda o proxecto CORGA, que contén os documentos de traballo e, polo outro, o proxecto do Etiquetador e Lematizador do Galego Actual (XIADA), no que se desenvolve un etiquetador automático para o galego.

O obxectivo final deste subproxecto é desenvolver un sistema de consultas que permita utilizar a información relativa non só a unidades léxicas senón tamén a lemas e etiquetas morfosintácticas dos distintos documentos do CORGA, para o que se procesarán co etiquetador automático de XIADA, paulatinamente, todos os textos incluídos no CORGA, de xeito que sexa posible facer buscas e extraer información combinando estes tres parámetros: formas, etiquetas e lemas.

Para obter máis datos consulte a información do proxecto CORGA.