|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) é unha colección de documentos que se almacenan en formato electrónico na que están representados os diferentes tipos de textos da lingua galega actual (xornalísticos, literarios, etc.). Cronoloxicamente comprende textos publicados dende 1975 ata a actualidade. A amplitude de documentos dos que consta así como os criterios empregados na súa selección permítennos considerar este corpus representativo do uso lingüístico do galego actual. Neste momento disponse dunha versión en liña con 25 millóns de formas á que se pode acceder a través de http://corpus.cirp.es/corga. Esta versión baséase no estándar XML (eXtensible Markup Language) co que está tecnicamente garantida a súa evolución no tempo. Os textos que forman parte do CORGA foron seleccionados de acordo con tres criterios de clasificación, independentes entre si: tipo de texto, data e área temática. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||