Corpus de Referencia do Galego Actual

Contexto do exemplo 1 da listaxe anterior.
Título: A canción do verán
Autor: Araguas, Vicente
Editorial: Ir Indo Edicións
Ano: 2001
Medio: Libro
Orixe: Escrita
Bloque: Ficción
Xénero: Narrativo
Subtipo: Novela
Sección no texto: corpo
Pontedeume xenio no mes de agosto .
Moreas de xentiña con cara de praia ( cunchiñas nos ollos e area e sal nos beizos ) indo ou vindo para Cabanas .
Na ponte a lembranza pantasmal do hospital de camiñantes que na súa metade estivera .
Ao remate , segundo se vai para A Coruña , un porco totémico que axiña terá de repetirse onomasticamente na ponte deixada a un lado polas obras públicas , e que agora semella un apósito ou un porquiño de peto xunto ao meirande viaducto .
Con todo , os Andrade conseguiron que a metade da viaxe que hoxe facemos Pacho Fontenla e mais eu cara á Coruña sexa deles .
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros co único propósito de analizar o uso da propia web. Se continúa navegando consideramos que acepta a súa utilización.