Corpus de Referencia do Galego Actual

Contexto do exemplo 21 da listaxe anterior.
Título: Toda a terra é dos Homes. Galegos no mundo
Autor: Menéndez Villalva, Luís
Editorial: Editorial Galaxia
Ano: 1993
Medio: Libro
Orixe: Escrita
Bloque: Non ficción
Xénero: Ensaístico
Subtipo: Divulgación
Área temática: Historia e xeografía / Asuntos sociais
Sección no texto: corpo
Desde alí , pola rúa do mesmo nome , chégase á Porta de Orleáns desde a que se toma a principal ruta xacobea que , cara ó Fisterre de Europa , remata en Santiago de Compostela .
Neste punto de partida e durante once séculos , Europa comezou a coñece-la Galicia que algúns chamaban Jacobsland , terra de Xacobe , Santiago .
En boa medida o Camiño de Santiago débese ós franceses e sobre todo á Orde de Cluny , que partindo do mosteiro orixinario sementou ata Compostela hospitais e albergues para os camiñantes .
Metaforicamente , moitos galegos fixeron o Camiño á inversa , uns na procura da liberdade , outros para acadar un maior nivel de vida e outros tamén cos anceios culturais que non podían atopar en Galicia .
Coa Xeración Nós asistimos ós primeiros viaxeiros culturais que dan a Galicia un carácter máis universalista e europeo .
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros co único propósito de analizar o uso da propia web. Se continúa navegando consideramos que acepta a súa utilización.