Como me podo dar de alta?

Entre na sección Xestión de usuarios da páxina principal, e acceda ao apartado Darse de alta. A continuación terá que cubrir os datos do formulario, e aceptar as condicións da licenza de uso. Finalmente enviaráselle unha clave de acceso ao enderezo electrónico que especifique, coa que poderá acceder ao sistema de buscas.

Que navegador podo usar?

O sistema probouse amplamente cos navegadores Mozilla 1.6 e Microsoft Internet Explorer 6.0, polo que versións a partir destas deberían funcionar correctamente. Se ten problemas con algún destes navegadores en versións iguais ou superiores ás mencionadas pode poñerse en contacto connosco a través de codolga@cirp.es

Existen problemas con versións pouco actuais de diferentes navegadores (Internet Explorer, Mozilla, Netscape, Konqueror, etc.), aínda que o máis normal é que o sistema funcione en versións relativamente recentes de calquera navegador.

O navegador debe soportar e ter activada a aceptación de cookies e javascript para o correcto funcionamento do sistema.

Como debo referenciar o corpus?

Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), versión 7(2010), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, <http://corpus.cirp.es/codolga>, [Consultado o: data da consulta].

A sesión de traballo caduca demasiado pronto

O tempo máximo de permanencia no sistema de buscas sen interactuar co mesmo é de 10 minutos, polo que a sesión de traballo non caducará ata que transcorra ese tempo de inactividade. En raras ocasións, o que pode suceder é que os administradores da rede teñan que reiniciar a máquina onde se atopa o sistema de buscas (debido a problemas de diferente índole). Se alguén está conectado nese momento, o sistema comportarase do mesmo xeito que se caducara a sesión de traballo.

Recorde tamén que, unha vez entra no sistema de buscas, non pode utilizar os botóns do navegador (atrás, recargar, etc.). Debe utilizar os que ofrece a aplicación para navegar entre as diferentes páxinas, senón o sistema pode interpretar que a súa sesión de traballo caducou.

Sentimos as molestias que isto lles poida causar.

Esquecín a miña clave, como podo facer para obter outra?

Se entra na sección Xestión de usuarios da páxina principal, e accede ao apartado Obter unha nova clave de acceso, poderá obter unha nova clave se teclea o enderezo electrónico co que se subscribiu anteriormente e preme sobre o botón Enviar. Ao pouco tempo debería recibir unha nova clave no seu enderezo electrónico.

Como podo facer para cambiar a miña clave?

Entrando na sección Xestión de usuarios da páxina principal, accedendo ao apartado Cambiar a clave de acceso, cubrindo os datos que se lle solicitan, e premendo en Cambiar.

Cando estou esperando por un resultado o navegador amosa a seguinte mensaxe: "No se puede mostrar la página".

En primeiro lugar debe saber que o servidor da aplicación de consulta do corpus non é o que lle dá esa mensaxe. En ocasións as conexións a Internet fanse a través dun proxy. Estes proxies teñen, habitualmente, un tempo de caducidade das páxinas que acostuma ser inferior aos 10 minutos que temos na aplicación de consulta do corpus, polo que pode ocorrer que a páxina caduque antes de que se lle devolva o resultado e apareza ese problema. Polo tanto, neste caso debe poñerse en contacto co seu administrador de rede ou o seu provedor de servizos de Internet para que lle ofrezan unha solución.

Por que tardan moito algunhas consultas?

Dependendo da complexidade da consulta, o tempo de resposta pode variar moito. Algunhas cousas que se poden facer para que a consulta se resolva máis rapidamente son: seleccionar sensibilidade u/v, eliminar palabras da busca, simplificar a busca boolena, etc.

En calquera caso en futuras versións do sistema este tempo de resposta irase reducindo progresivamente.