CODOLGA: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae

CODOLGA

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Información en cumprimento da normativa de protección de datos persoais

En Europa e en España existen normas de protección de datos pensadas para protexer a información persoal de obrigado cumprimento para a nosa entidade.

Por iso, é moi importante para nós que entenda perfectamente que imos facer cos datos persoais que lle pedimos.

Así, seremos transparentes e darémoslle o control dos seus datos, cunha linguaxe sinxela e opcións claras que lle permitirán decidir qué faremos coa súa información persoal.

Por favor, se unha vez lida esta información ten calquera dúbida, pergúntenos.

Moitas grazas pola colaboración.

Quen somos?

A nosa denominación:

O noso CIF:

A nosa actividade principal: .

O noso enderezo:

O noso teléfono:

O noso enderezo electrónico:

A nosa páxina web:

Estamos ao seu dispór, non dubide en contactar connosco.

Por que necesitamos usar os seus datos?

Os seus datos persoais son necesarios para poder relacionarnos con vostede e prestarlle os nosos servizos. Neste sentido, poremos ao seu dispór unha serie de recadros que lle permitirán decidir de maneira clara e sinxela sobre o uso da súa información persoal.

Quen vai coñecer a información que lle pedimos?

Con carácter xeral, só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos.

De igual modo, poderán ter coñecemento da súa información persoal aquelas entidades que necesiten ter acceso a ela para que poidamos prestarlle os nosos servizos. Así por exemplo, o noso banco coñecerá os seus datos se o pagamento dos nosos servizos se realiza mediante tarxeta ou transferencia bancaria.

Ademais, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás que esteamos obrigados a facilitarlles os seus datos persoais con motivo do cumprimento dalgunha lei. Por exemplo, a Lei Tributaria obriga a facilitarlle á Axencia Tributaria determinada información sobre operacións económicas que superen una determinada cantidade.

No caso de que, á marxe dos supostos comentados, necesitemos darlles a coñecer a súa información persoal a outras entidades, solicitarémoslle previamente o seu permiso a través de opcións claras que lle permitirán decidir a este respecto.

Enviaremos os seus datos a outros países?

No mundo hai países que son seguros para os seus datos e outros que non o son tanto. Así por exemplo, a Unión Europea é un contorno seguro para os seus datos. A nosa política é non enviar a súa información persoal a ningún país que non sexa seguro desde o punto de vista da protección dos seus datos.

No caso de que, con motivo de prestarlle servizo, sexa imprescindible enviar os seus datos a un país que non sexa tan seguro como España, sempre lle solicitaremos permiso previamente e aplicaremos medidas de seguridade eficaces que reduzan os riscos do envío da súa información persoal a outro país.

Durante canto tempo imos conservar os seus datos?

Conservaremos os seus datos durante a nosa relación e mentres nos obriguen as leis. Unha vez finalizados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos de forma segura e respectuosa co medio.

Cales son os seus dereitos de protección de datos?

En calquera momento pode dirixirse a nós para saber que información temos sobre vostede, rectificala se fose incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación, no caso de que iso sexa legalmente posible.

Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade. Este dereito chámase portabilidade e pode ser útil en determinadas situacións.

Para solicitar algún destes dereitos, deberá enviar unha solicitude escrita á nosa dirección, xunto con unha fotocopia do seu DNI, para poder identificalo.

Nas oficinas da nosa entidade dispoñemos de formularios específicos para solicitar os ditos dereitos e ofrecémoslle a nosa axuda para cubrilos.

Para saber máis sobre os seus dereitos de protección de datos, pode consultar a páxina web da Agencia Española de Protección de Datos (https://www.agpd.es).

Pode retirar o seu consentimento se cambia de opinión nun momento posterior?

Vostede pode retirar o seu consentimento se cambia de opinión sobre o uso dos seus datos en calquera momento.

Así por exemplo, se vostede no seu día estivo interesado/a en recibir publicidade dos nosos produtos ou servizos, pero xa non desexa recibir máis publicidade, pode facérnolo constar a través do formulario de oposición ao tratamento dos datos dispoñible nas oficinas da entidade.

No caso de que entenda que os seus dereitos foran desatendidos, onde pode formular unha reclamación?

No caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos, a través dalgún dos medios seguintes:

Formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos non conleva ningún custo e non é necesaria a asistencia de avogado nin procurador.

Elaboraremos perfís sobre vostede?

Non elaboraremos perfís sobre os usuarios dos nosos servizos.

Usaremos os seus datos para outros fins?

A nosa política é non usar os seus datos para outras finalidades distintas ás que lle explicamos. Se, non obstante, necesitásemos usar os seus datos para actividades distintas, sempre lle solicitariamos previamente o seu permiso de maneira clara.