|
CONDICIÓNS DE USO
Os dereitos sobre o Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) e os programas de xestión, manipulación e consulta asociados pertencen ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
LICENZA
Os termos desta licenza afectan aos datos contidos no Corpus Documentale Latinum Gallaeciae, así como aos programas e manuais de uso que se facilitan para o acceso aos devanditos datos. O acordo establécese entre dúas partes: o USUARIO, receptor da licenza, e o LICENCIADOR, posuidor dos dereitos, neste caso o CRPIH.
O acceso aos servizos do CODOLGA farase mediante subscrición electrónica individual a través dos formularios dispostos para iso. O USUARIO comprométese a proporcionar os datos que se lle soliciten e responsabilízase da súa autenticidade. O nome de usuario e a clave de acceso elixidos non se poderán ceder para o seu uso a terceiras persoas.
Autorízase a utilización do CODOLGA unicamente para fins NON LUCRATIVOS e de investigación. De non ser este o seu caso, deberá poñerse en contacto co CRPIH para coñecer os termos dunha licenza comercial. Ademais, o USUARIO comprométese a facer un uso non fraudulento dos datos obtidos do CORGA, así como a citar adecuadamente a súa procedencia en todas as publicacións e, en xeral, en todo tipo de produtos - informáticos ou non - nos que se faga uso deles.
O CRPIH facilitaralle ao USUARIO o acceso ao CODOLGA durante o período de tempo que estime oportuno, reservándose o dereito a suspender total ou parcialmente o servizo sen previo aviso.
O CODOLGA, os programas de consulta e a documentación póñense a disposición do USUARIO sen ningún tipo de garantía. O CRPIH queda, pois, exento de todo tipo de responsabilidade diante de calquera problema ou dano que se puidese derivar da súa utilización.
A autorización para utilizar o servizo de consulta do CODOLGA está supeditada á aceptación de TODOS os termos deste documento. A inclusión dos seus datos na base de usuarios supón a aceptación implícita dos devanditos termos.
|